martes, 7 de junio de 2016

Caracoles granadinos


Fuente: http://bit.ly/22LKYNj
Ingredientes:
  • 1 kg. de caracois
  • ½ kg de tomates
  • 1 cebola
  • pemento asado
  • 2 dentes de allo
  • 12 améndoas
  • tomeo
  • fiuncho
  • unha rebanada de pan fritido
  • 50 gr de piñóns
  • noz moscada
  • pirixel
  • menta
  • pementa negra
  • ½ guindilla
  • aceite de oliva e
  • sal.
Elaboración:
   Cócense os caracois poñéndoos en auga fría e a lume baixo para que vaian saíndo do caparazón. Cando estean todos fóra e a auga apunto de ferver, ponse a lume forte e cócense aproximadamente dez minutos.

Ponse unha cacerola sobre a lume con aceite, dous dentes de allo e unha cebola picada. Cando ambas cousas estean ben douradas, engádese  tomate picado e escorrido.

Bótanse os caracois escurridos, os pementos asados, un pouco de pirixel, menta, noz moscada e tomeo.
Cóbrese de auga e sazónase con sal e picante.

Tórranse as améndoas e piñóns e mestúranse coa pementa, o fiuncho e o pan fritido nun morteiro e os caracois e déixase cocer todo xunto uns 15 minutos.
                                                                                                                                                         
Hicham Khedar.

Leyendas del suspiro del Moro

Maís alá da fértil chaira da vega verás hacía o sur unha cadea de árido cerro, polas cales marcha lentamente unha soberbia recua de muros. No alto de un destes outeiros foi donde o infortunado Boabdil dirixiu a súa última mirada a Granada, lanzando un profundo ¡ai! da súa alma dolorida: o famoso lugar apelidado El Suspiro del Moro nos romances e lendas.

IRVING, Washington. Cuentos de la Alhambra. (La Torre de Comares). Editorial Espasa-Calpe. Madrid. 1970.  P. 32-36.

Quén e o moro?
Boabdil é o último rei dos moros, rindiuse en Granada sen loitar contra o Rei Fernando e a Reiña Isabel de España no 1492. Tras ripar os Reis Católicos o último reducto da dominación musulmana a Boabdil ; o rei moro e o seu séquito foron desterrados de Granada.

A nai de Boabdil dixolle chea de furia, reprochoulle: "Chora coma unha muller o que non has sabido defender como un home".

Resultado de imaxes para el suspiro del moro

Antía















viernes, 3 de junio de 2016

Tocino de Ceo

Ingredientes:
  • Para 4-6 persoas: 
  • Unha ducia de xemas de ovo.
  • 300 gr de azucre.
  • 1 vaso de auga.
  • Unha codia de limón. 
Elaboración:  
Quenta a auga co azucre e a codia de limón ata obter un xarope. Bota o xarope nun molde (pareces lisas) e déixao arrefriar. Pon as xemas nun vol e báteas lixeiramente. Engade o xarope sobrante do molde e remexe todo coa axuda dunha espátula. Pasa a mestura polo coador e bota no molde untando co xarope.
Coloca o molde na vaporera ata que calle. Tardará uns 20 minutos máis ou menos. Por último, deixa arrefriar, desmolda e serve.










Clara. 

jueves, 2 de junio de 2016

Federico García Lorca

Federico García Lorca, escritor andaluz, dramaturgo, prosista español, membro da xeración do 27 e autor de Seis poemas galegos. Naceu en Fuente Vaqueros en 1898 e faleceu fusilado tras o golpe de estado que deu lugar a orixe da Guerra Civil española en Víznar no 1936. É o poeta de maior influencia e popularidade da literatura española do século XX.
Os seus libros de poesía máis famosos son: 
Romancero gitano: É unha obra poética publicada en 1928, está composta por dezaoito romances, e abarca temas coma a noite, a morte ou a paixón.
Poeta en Nueva York: É un poemario escrito entre 1929 e 1930  e publicado en 1940, catro anos despois da morte do escritor.
Poema de cante jondo: nel trata de ofrecer o espíritu de Andalucía, captando a súa cultura popular e primitiva.
Obras de teatro:
Bodas de sangre: É unha traxedia en prosa escrita en 1931. Estrenouse o 28 de marzo de 1933, no teatro Beatriz de Madrid. Foi levada ao cine en varias ocasións no 1938 por Edmundo Guibourg e, en 2015, Paula Ortiz filmou unha versión titulada La novia. É unha das tres obras de teatro que forman parte da "triloxía lorquiana", xunto con Yerma e La casa de Bernarda Alba.
Yerma: É unha traxedia de ambiente rural, dividida en tres actos de dous cadros cada un.
La casa de Bernarda Alba: Foi escrita en 1936. A obra conta a historia de Bernarda Alba, tras haber quedado viúva  por segunda vez aos 60 anos decide vivir os seguintes oito anos en loito.

                                                                                                                                   Álex e Alfonso

Camarón de La Isla

José Monge Cruz, coñecido como Camarón de la Isla,  foi un cantaor español, considerado unha das maiores figuras do flamenco. No 2000 foille concedido a título póstumo La Llave de Oro del cante.

Camarón foi o fillo dunha nobre e numerosa familia xitana, na que medrou nun entorno adicado á música e, dende moi pequeno, foi desenvolvendo as súas habilidades como cantante. Nos seus inicios, Camarón  foi rexeitado por moitos, pero co paso do tempo converteuse nun ídolo de masas. Revolucionou o flamenco polo que é considerado o pai do "novo flamenco"
Camarón caeu atrapado na adicción das drogas e morreu dun cancro de pulmón o 2 de xulio de 1992 .

Os estilos musicais cantados por Camarón eran o cante jondo,  quejíos e o jaleo. 







Luis

Lenda da Dama Branca de Castril

A casa de Castril construíuse sobre os cimentos dun palacio árabe polos Reis Católicos para recompensar o seu secretario Hernando Zafra.
Conta a lenda que Zafra vivía ca súa filla Elvira de 18 anos. Dicíase del que tiña moi mal humor e que estaba enfadado cos granadinos polo seu trato despectivo. Elvira namorouse de Alfonso de Quintanilla o fillo dunha familia inimiga a Zafra.
Elvira e Alfonso víanse algunhas noites no dormitorio dela, coa axuda dun paxe; unha desas noites, Alfonso foi pillado in fraganti por Zafra, pero deulle tempo a escapar. Zafra, ao ver a súa filla con Alfonso, comezou a sospeitar  e mandou colgar o criado no balcón esa mesma noite. Hernando Zafra mandou tapiar o balcón e escribir na parede a frase "Esperándola del cielo". Elvira foi encerrada no seu dormitorio e un día, sen poder soportalo máis acabou coa súa vida cun potente veleno.

Actualmente, é a sede do Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Granada e os seus traballadores din ver visto unha xove dama camiñando polo edificio. O museo encontrase ó lado do río Darro e o Paseo dos Tristes.
  • O río Darro transcorre por toda a provincia de Granada, o seu nome significa ouro.
  • O Paseo dos Tristes coñecese porque era o lugar por onde pasaban os cortexos fúnebres camiño do cemiterio, oficialmente o paseo chámase Paseo del Padre Manjón.
                                                                  Clara.
Paseo dos Tristes e río Darro


Casa Castril
                               

                                            

Bebidas de Granada

Café Oriental

 Ingredientes: Para 6 persoas
  • 6 culleradas de café amargo molido.
  • 4 grans de goma arábica.
  • 1 anaco grande de canela.
  • Azucre en terróns ( o teu gusto).
En unha gran cazarola, vota a auga e engadir a goma arábica e o anaco de canela. Pon o lume alto e que leve a fervor. Cando rompa a ferver, agrégalle o café molido e déixao a lume baixo. Deixa que coza, sen remover durante uns quince minutos. Retira a cazarola do lume e déixao repousar aproximadamente media hora. Fíltrao a través dun coador chinés moi fino.
Requenta o café, moi lento durante algúns minutos.
Sérvese nunha cunca, acompañado de terróns de azucre ao gusto.


Limoada de menta

Ingredientes: Para 6 persoas
  • 6 limóns maduros.
  • Unha ducia de follas de menta fresca.
  • Azucre en po (o teu gusto).
  • Auga.
Corta os limóns pola metade. Esprémeos, engádelle o xugo as follas de menta lavadas e picadas o morteiro.
Deixar repousar un cuarto de hora.
Fíltrao a través dun coador moi fino.
Engádelle auga e azucre ó gusto, e deixa algunhas horas no frigorífico antes de servilo.





Antía