viernes, 18 de marzo de 2016

O gran teatro do Liceo

                        


O Liceo, considerado como un dos mellores edificios de ópera en Europa, foi construído en 1847. Incendiouse no ano 1994 e foi reinaugurado no 2000, mantendo a fachada orixinal e mellorando as instalacións.
Foto obtida de Depositphotos.
 É un teatro especializado en representacións de ópera é considerado o máis prestixioso da cidade de Barcelona.
Dende a súa inauguración dende hai case un século, o Liceo foi confluencia e expansión da vida artística, social e política de Barcelona.


Horario:
 De luns a venres: ás 9:30 e ás 10:30 horas.

Horarios visitas exprés:
 Cambian con frecuencia, polo que convén miralos na data escollida.

Prezos das visitas exprés:
Duración da visita é de 25 minutos.
-Adultos: 6 €
-Nenos de 7 a 16: 5 €
-Maiores de 65: 5 €
-Discapacitados: 5 €
-Carné de estudante: 5 €
-Familias (dous ou máis nenos): 20 €
-Gratuíta menores de 7 anos

 Prezos das visitas guiadas:
A duración da visita guiada é de 50 minutos.
-Adultos: 16 €
-Nenos de 7 a 16: 14 €
-Maiores de 65: 14 €
-Discapacitados: 12 €
-Carné de estudante: 12 €
-Familias (dous ou máis nenos): 50 €

Horario das taquillas:
 De luns a venres:
 De 9:30 a 20 horas. Sábados e domingos: de 9:30 a 18 horas.
Hicham

lunes, 7 de marzo de 2016

Salvador Dalí

Foi sacada de:
  https://www.google.es  /search?q=
salvador+dali&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=
0ahUKEwj4jeHZ-Y3LAhVB8HIKHT32Al0Q_AUIBygB&biw
=720&bih=564#imgrc=-sAX3mbly4FBeM%3A
Salvador Felipe Jacinto Dalí i Doménech naceu o 11 de maio de 1904 en Figueras, provincia de Girona, e faleceu o 23 de xaneiro de 1989 aos oitenta e catro anos de idade, a causa dunha insuficiencia cardíaca. Foi pintor, escultor, gravador e escenógrafo é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas.  Unha das súas pinturas mais célebres é a persistencia de la memoria, realizada en 1931.
 















                     A persistencia da memoria, 1931
      Os famosos reloxos brancos, nacidos do soño        dun camembert derreténdose.
                                                                                                                
                                           Foi sacada de:
                             http://www.wikiart.org/es
             /salvador-dali/the-persistence-of-memory-1931                                                                       Alfonso e Álex

                 

                                                                                                                                                             

martes, 23 de febrero de 2016

Joan Margarit

Escritor e arquitecto, naceu en Sanaüja, na comarca de Sagarra en 1938. Estuda Arquitectura en Barcelona.

No ámbito da literatura catalá, fóronlle concedidos os Premios Miguel Palol e Premio Vicent Andrés Estellés de 1982, o Premio Carles Riba de 1985, o Premio da Crítica Serra d´Or de 1982, 1987 e 2007. O Premio Gabriel Ferrater de 2007, o Premio Cavall Verd de 2008 e o Premio Nacional de Literatura da Generalitat de Catalunya, tamén de 2008.
No ámbito do Estado Español, foille concedido o Premio Nacional da Crítica de 1984 e de 2008, o Premio Rosalía de Castro de 2008 e o Premio Nacional de Poesía, tamén de 2008.
No 2013, foille concedido en México o Premio Víctor Sandoval aos Poetas do Mundo Latino.

Obras: Arquitectura.

  • Mercado de Vitoria (1977). Rehabilitación da Fábrica Aymerich de Tarrasa como  Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña.
  • Reforma do Monumento a Cristóbal Colón (1982-1984).
  • Estadio e anel olímpico de Montjuïc (1989).
Forma parte do equipo que dirixe as obras da construcción da Sagrada Familia.

Esta imaxen foi obtida de:https://www.flickr.com/photos/unaexcusa/5373432925/in/photolist-9bQfpg-7b5kZR-ayRNAx-7b5m5i-4KcwsV-5iVFb3-9bQezZ-7kN6NR-7kN6Qi-awtdW2-2dT1b3-8kCuPw-dh26a1-acz1mP-acBcKd-oS5R19-7kN6X4-duG3f9-7kS1mA-pCrLsY-6d26k6-9wGLzm-9wDNKk-9nKhSq-4qDRHr-4snUFA-dFNNbF-9tZzGt-nMVcws-9u3z8S-9u3BFm-62YhoJ-efdnaJ-5iRp1e-odsQZx-5hpa39-acCeP3-b4r94Z-jeN7Pb-ecuUXx-7AP4jN-acBebd-acEjpU-acBKaf-acBLTJ-4guTM2-acBG9A-7AP4ob-7AK7CV-diQXeB 


Jennifer

lunes, 22 de febrero de 2016

Clima de Barcelona

Barcelona ten un clima mediterráneo húmido, así que, en calquera estación do ano Barcelona vive baixo o sol, gozando dun clima cálido e acolledor. As temperaturas son cálidas no verán e suaves no inverno, con pouca oscilación térmica diaria.





















  • Se queres acertar ca roupa da viaxe podes entrar na seguinte páxina:  4 gotas.
                                                                                                                    Clara.

Nova liña de metro ao aeroporto do Prat en Barcelona

O 12 de febreiro do 2016 inaugurouse en Barcelona a nova liña de metro que comunica o aeroporto do Prat co centro da cidade e tamén con Hospitalet de Llobregat e co Prat de Llobregat e, facilita o acceso a centros educativos e comerciais.
O traxecto durará 32 minutos; as estacións nas que parará a liña 9 son :
  • Zona Universitària
  • Collblanc
  • Torrassaç
  • Can Tries-Gornal
  • Europa-Fira
  • Fira
  • Parc Logístic
  • Mercabarna
  • Les Moreres
  • El Prat Estació
  • Cèntric
  • Parc Nou 
  • Mas Blau
  • Aeroport
Esta liña terá unha frecuencia de sete minutos, e está previsto que sexa utilizada por unha media de 23 000 000 de pasaxeiros anuais.
Inma

jueves, 18 de febrero de 2016

Mercado de la Boquería



É un mercado municipal inaugurado no 1840 con máis de 300 postos, que ademais de ofrecer produtos locais, exóticos e frescos, é o mercado máis grande de Cataluña e o máis visitado polos turistas de todo o mundo.
A súa localización débese a que a mediados do século XIX, a muralla de Barcelona remataba nas Ramblas. Os comerciantes decidiron deixar o mercado fóra da cidade para aforrar os impostos que tiñan  que pagar por abrir unha tenda na cidade.

  Enderezo: Les Rambles, 91, 08001 Barcelona.

Horario: De luns a sábado, está aberto dende as 08:00 ata as 20:30, e os domingos está pechado.

Transporte: Metro- Liceu, liña 3.


           Jenni

                                                                                                                     










Antoni Tápies i Puig


Naceu o 13 de decembro de 1923 e faleceu o 6 de febreiro de 2012. Foi pintor, escultor e teórico da arte. Está considerado un dos máis destacados artistas do século XX creando un estilo propio dentro da arte de vangarda.
Antoni Tàpies i la fundació IDIBELL.jpg
Esta imaxe foi obtida de:
 https://es.wikipedia.org/wiki/Antoni_T%C3%A0pies#/media/File:
Antoni_T%C3%A0pies_i_la_fundaci%C3%B3_IDIBELL.jpg

Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que destacan:
 Premio da Fundación Wolf das Artes (1981)
 A Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1983)
O Premio Príncipe de Asturias das Artes (1990)
A medalla Picasso da UNESCO (1993)
O Premio Velázquez das Artes Plásticas (2003) 
  
                                                                                                                                    Fundación Antoni Tàpies:

 A fundación Antoni Tápies é un museo e centro cultural situado na cidade de Barcelona. Está adicado principalmente a vida e a obra do pintor.
A fundación foi creada polo propio artista no 1984. A idea era a de crear un centro para o estudo e a promoción da arte contemporánea. 

                         Esta imaxe foi obtida de:
              http://www.tublogdearquitectura.com/?p=5679                                           
                                                                                             Alfonso e Álex