viernes, 18 de diciembre de 2015

Cantiga "Ondas do mar de Vigo"

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado?
E, ai Deus, se verrá cedo! 

                                   Martín Códax 

Paralelismo.
Refrán.
Leixaprén. 


Esta cantiga é cantada por unha voz feminina. O tema é o lamento pola ausencia do amigo ou namorado. Estas cantigas de amigo, chámanse cantigas de retagarda, porque a muller se pregunta con ansiedade polo seu compañeiro que debe estar embarcado, quizais co rei.
A palabra "amigo" adoita aparecer nos primeiros versos e serve de palabra clave para identificar o xénero.
Ten como escenario o mar, co que en ocasións conversa a rapaza.
Está formado por 4 estrofas, de 2 versos máis un estribillo cada unha, trátase de versos de arte menor (heptasílabo) e presenta unha rima asonante. Ten recursos formais nos que abunda a repetición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario