domingo, 14 de febrero de 2016

Destino: BCN

Chegamos a Barcelona... Aínda tardamos uns días porque estivemos aprendendo catalán. Escoitamos a Manel, a música de Pulseras vermellas, cancións tradicionais coma Els segadors, Els tres tambors, La Font del Gat. Limos o poema "Esquiaré pels teus ulls"de Juan Kruz Igerabide.
Tamén tivemos que estudar como funciona o metro para poder movernos pola cidade. Aprendimos o plano da cidade Condal... Para iso tivemos que desplegalo nas mesas da biblioteca, porque non cabía en ningures. Distribuímos as tarefas: cada grupo escollería un dos principais edificios da cidade (sobre todo edificios modernistas de Gaudí) e investigaría sobre un artista catalán. Desta volta teriamos que incorporar as coordenadas e os horarios de apertura... Disque imos ter que planificar tres días de turismo en Barcelona, por se nos toca a lotería... Mágoa non poder ir xa a "Negra e criminal" e que aínda estemos en xaneiro para ir á praia...
Aínda estabamos en Barcelona e ampliaron a liña 9 do metro, disque agora chega ao aeroporto... Haberá que recoller a información.
Mayte

No hay comentarios:

Publicar un comentario