viernes, 29 de enero de 2016

Sagrada Familia

A Sagrada Familia é a obra máis coñecida de Antoni Gaudí e un dos monumentos máis destacados do modernismo catalán,  iniciada en 1882, aínda está en construción.
A localización xeográfica é 41°24′13″Norte 2°10′28″Este. 
A estación de metro que está mais preto da Sagrada Familia é a de Mallorca.

O horario de apertura é:
  • De novembro a febreiro é de: 9 am - 6 pm.
  • Marzo: 9 am - 7 pm, última admisión 6 pm.
  •  De abril a setembro: 9 am- 8 pm, última admisión 7 pm.
  • Outubro: 9 am - 7 pm, última admisión 6 pm.
  •  25 e 26 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro: 9 am - 2 pm.
 Os prezos son:
    SF - lago.jpg
  • Adultos: (18-64 anos) - 15.00€
  • Xuventude: (11-17) - 13.00€
  • Rapaces: (0-10) - Libre
  • Xubilados: (65+) - 13.00€
  • Inclúe paso á basílica e ao museo.
  • Non inclúe paso ás torres. 
Máis información:
  • As entradas son válidas para o horario impreso en cada entrada individual.
  • Os menores de 16 anos deberán estar acompañados en todo momento por un adulto.
  • Durante a visita debe comportarse adecuadamente e mostrar respecto ao lugar, aos demais visitantes e ao persoal.

 Historia:

No ano 1882 Josep M. Bocabella adquirira uns terreos para a construción dun templo dedicado á Sagrada Familia. Os desacordos co primeiro arquitecto fixeron que Gaudí pasase a ocuparse das obras, cun novo proxecto moito máis ambicioso. A obra atópase agora aínda no proceso de construción. A data prevista para o remate das obras seguindo o ritmo de hoxe é de 2065.As obras que actualmente faltan por rematar respectan o proxecto orixinal de Gaudí no seu conxunto, mais non nos seus pormenores, os cales se adaptan á estética moderna e ó estilo dos artistas que os levan a termo.
Gaudí considerabaa a súa obra máis importante, de aí que na maior parte da súa vida deixora o resto dos planos, dos proxectos e dos esbozos pola Sagrada Familia.





 


















No hay comentarios:

Publicar un comentario