viernes, 29 de enero de 2016

Basílica de Santa María do Mar

SantaMariaDelMar 9257.jpg
Esta imaxe foi obtida de: 
https://es.wikipedia.org/wiki/Bas%C3%ADlica_de_Santa_Mar%C3%ADa_del_Mar
É unha igrexa gótica, situada no barrio da Ribera e construída entre os anos 1329 e 1383. Os mestres da obra foron Berenguer de Montagut (o diseñador principal do edificio) e Ramón Despuig.


Coordenadas:
41° 23' 1" N, 2° 10' 55" E

Localización e ubicación: Rúa dos Sombrereros, 1, 08003 Barcelona. Está ubicada na Plaza de Santa María 1, as súas fachadas laterais dan a Carrer Sombrerers por un lado e Carrer de Santa María polo outro.

Horario de visita:
De luns a sábado: de 9:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.
Domingos e festivos: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

Prezo:Entrada gratuíta.

Transporte: Metro: Jaume I, liña 4.
Autobús: liñas 14, 17, 19, 36, 39, 40, 45, 51, 57, 59, 64, 120 e 157.

Descripción:
A entrada realízase pola porta principal que se atopa no medio da nave maior. Enriba queda o rosetón e a continuación os 5 tramos das 3 naves. A separación da nave central das laterais realízase mediante as columnas octogonais e os arcos apuntados.

Historia:
A bóveda de canón foi substituída pola bóveda de crucería, na que o peso non descansaba sobre o muro, senón sobre os piares no interior do edificio, reforzados con arcobotantes e contrafortes no exterior. Empregábase o arco oxival ou apuntado.
Grazas a estas técnicas, os muros grosos xa non eran necesarios e abríronse enormes fíestras. Así, a luz penetrou no interior dos edificios. As fiestras grandes pechábanse con vistosas vidreiras. Destacaba sobre todo o rosetón situado sobre a porta principal ou aos dous lados do cruceiro.
As plantas dos edificios tamén foron diferentes das románicas. Aínda que se conservou a forma de cruz latina, as cabeceiras, en lugar de ser semicirculares, tornáronse poligonais, e a nave central construíase moito máis alta e máis largas cas laterais.
A novela La Catedral del Mar de Ildefonso Falcones narra a vida na Barcelona no século XIV e céntrase nesta basílica.
Saleta e Antía






No hay comentarios:

Publicar un comentario