viernes, 18 de diciembre de 2015

Razóns para visitar Lisboa

Supoñemos que se chegará o venres pola tarde e voltarase o domingo sobre a mesma hora.






Se tedes a tarde dispoñible podedes empezar por visitar o barrio de A Baixa. Un bo inicio é comezar pola Praza dos Restauradores onde se atopa o magnífico edificio do Hotel Edén. Na praza comeza a Avenida da Liberdade, a máis importante de Lisboa, que acaba na Praza do Marqués de Pombal, onde comeza a moderna Lisboa.
Praza dos Restauradores  
Esta imaxe foi obtida de(www.disfrutalisboa.com/lisboa-en-48-horas)

              
Ó lado atópase a Praza del Rossio co Teatro Nacional e o seu famoso Café Nicola. Esta praza é un dos lugares con máis antigüedade de Lisboa. De aquí podedes acercarvos á Praza de Figueira cas súas pintorescas casas amuralladas e que ofrece unhas boas vistas do Castelo de San Xurxo.
Praza da Figueira está na Rúa Peonil é unha rúa moi famosa, a través dun arco triunfal, entra na praza do Comercio. Non podes esquecer as dúas rúas que se cruzan, a Rúa Augusta: a Rúa Áurea e Rúa da Prata. Se estás canso, podes coller o tranvía número 12, ca súa ruta facémonoss unha idea do barrio. É unha área moi antiga que se atopa facilmente por ser un dos lugares máis recoñecidos da cidade.





Praza do Rossio obtida de(www.disfrutalisboa.com/lisboa-en-48-horas)

 
Agora póñovos este vídeo coas razóns para visitar Lisboa:
 


Antía        

No hay comentarios:

Publicar un comentario