miércoles, 9 de diciembre de 2015

Bolo de bacallau

Ingredientes:
Imaxe obtida de: www.canalcocina.es
-1/2 kg de patacas.
-500 g de bacallau.
-350 g de cebola picada.
-70 g de salsa de ceboliño.
-20 ml e aceite de oliva.
-Sal.
-Pimenta.
-2 ovos.
-1/2 taza de fariña de trigo.
-1/2 l de aceite de xirasol ou de oliva para fritir.


Preparación: 
 Tómase o bacallau cocido, limpase de peles e espiñas, mestúrase con patacas cocidas cortadas en pedazos, e pasase todo pola máquina de picar. A masa resultante mestúrase con leite e xemas de ovos e aderézase cun pouco de sal fino  e pimenta en po. Bátese a masa, xúntanse as claras de ovos, previamente batidas en castelo, mestúrase todo rapidamente, collese a masa cas culleres, facéndose pasar dunha para outra, (as culleres móllanse en aceite de oliva onde se friten os bolos) e axiña póñense a fritir. O aceite debe ser abundante, para que os bolos mergúllense sen tocar o fundo. Retíranse os bolos da tixola e preséntanse nun prato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario