martes, 1 de diciembre de 2015

Barrio da Alfama

Imaxen obtida de: www.gonzoo.com
 Está ao oeste da Baixa, limita ca Catedral de Lisboa, a Baixa, Praza do Comercio e o Elevador de Santa Justa.
 É un antigo barrio de mariñeiros, olores e sentimentos; nel atópase o museo do Fado, un dos máis importantes da cidade. Ten corredoiras empinadas e estreitas que non están pensadas para o tráfico.
As espectaculares vistas dende a Alfama pódense atopar paseando a través dos miradoiros das Portas do Sol e o mirador de Santa Luzia. O Castelo de San Jorge de Lisboa, é unha fortaleza con un excelente estado de conservación que foi un palacio real ata o siglo XVI.
Ademáis do  Castelo os principais monumentos da zona son a Catedral de Lisboa, a igrexa de San Estevo e a igrexa de San Vicente de Fora.
Alfama é un barrio peculiar, recorda un pobo ou aldea no cal as persoas coñecense e saludanse diariamente. Os turistas portugueses e estranxeiros o visitan porque é o barrio considerado máis seguro de Lisboa; pero tamen é coñecido polos seus restaurantes e as súas casas de fado, as súas festas populares, en especial na noite de San Antonio o  12 e 13 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario