viernes, 18 de diciembre de 2015

Evolución da cidade de Lisboa

                                     
 Lisboa é unha das capitais europeas máis antigas, pero na súa evolución sufriu moitos cambios significativos. O máis catastrófico foi o terremoto de Lisboa, que aconteceu o 1 de novembro de 1755, un dos máis destrutivos e mortais da historia.
Este sismo, considerado a maior catástrofe da cidade, arrasou coa vida e coas casas de millóns de persoas.

Sobre as nove da mañán empezou o sismo que tivo unha magnitude de 8.5 grados na escala Richter e produciuse a 200 kilómetros da costa de Lisboa, polo que o sismo foi seguido por un tsunami e un incendio que provocou a case total desaparición de Lisboa; no medio do caos despertou tamén a pillaxe. Só se mantiveron parte das vivendas do Bairro Alto e da Alfama.

Despois do incidente, na reconstrución ampliáronse as rúas para evitar a propagación de posibles incendios e xa se distinguían rúas de estradas, reduciuse a altura dos edificios, deseñáronse sistemas de alcantarillado, é dicir, aplicáronse medidas racionais na construcción para previr posibles catástrofes.
  Lisboa xa fora devastada anteriormente por outro desastre natural, o terremoto do 26 de xaneiro de 1531.



No hay comentarios:

Publicar un comentario