viernes, 18 de diciembre de 2015

Marqués de Pombal

Sebastião José de Carvalho e Melo,  máis coñecido coma Marqués de Pombal ou Conde de Oeiras, naceu o 13 de maio de 1699 en Lisboa e faleceu en Pombal, Coímbra o 8 de maio de 1782. Na súa xuventude estudou dereito na Universidade de Coímbra e durante un corto período serviu no exército. Foi un estadista portugués  eo representante do despotismo ilustrado en Portugal no século XVIII.
En 1738,  Sebastião de Melo foi nombrado para o seu primeiro cargo público, coma embaixador en Londres, despois en Viena. Foi primeiro ministro do rei José I desde 1750 ata 1777, e se lle considera unha das figuras máis controvertidas e carismáticas da Historia Portuguesa.    

A súa primeira esposa foi Teresa de Mendonça e Almada entre 1689 e 1737, sobriña do conde de Arcos coa que casou por un acordo familiar. Tras a morte da primeira muller, casou con a condesa Maria Leornor Ernestina Daun, filla do Mariscal austriaco Leopold Joseph Daun.
O Marqués de Pombal remozou a cidade de Lisboa tras o terremoto e incorporou as novidades científicas e constructivas propias da Ilustración: medidas de seguridade nos edificios, rúas rectilíneas e outros elementos que procuraban a mellora na calidade de vida dos lisboetas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario