miércoles, 9 de diciembre de 2015

O fado


É un tipo de música portuguesa, introducido en Portugal na segunda metade do século XVIII. Expresa os malos momentos da vida a través do canto dunha soa persoa, acompañada pola viola e a guitarra. Os temas máis cantados son a melancolía, a morriña ou pequenas historias da vida nos barrios humildes, o fatalismo e a frustración. É un xénero artístico que alía a música á poesía, e que se practica extensamente en diversas comunidades de Lisboa. No 2011, o fado, como canción urbana de Lisboa, símbolo distintivo da cidade e do país, recibiu a distinción de Patrimonio da Humanidade concedida pola UNESCO.

Principais cantantes do fado:
Mariza: Naceu en Mozambique, o 16 de decembro do 1973, é unha das cantantes de fado máis importantes de Portugal.
Amália Rodrigues: Naceu en Lisboa, o 23 de xullo do 1920. Residiu en Madragoa, a súa casa na actualidade pasou a ser un museo.

Historia do fado:
O fado atópase nunha primeira fase asociado a contextos sociais de marxinalidade e transgresión, en ambientes frequentados por prostitutas. Cando se celebraban espectáculos, os primeiros rexistros discográficos producidos en Portugal conlevaban custos bastante elevados. No contexto dos instrumentos de mediatización do fado a TSF (Telegrafía Sen Fíos) asumiu unha importancia central nas primeiras décadas do século XX. Da intensa actividade de estacións de radiodifusión verificada entre 1925 e 1935, destácanse a Radio Portuguesa, rapidamente popularizada polo destaque que deu ao fado. Co golpe militar do 8 de maio de 1926 e a implantación da censura previa sobre espectáculos públicos, prensa e outras publicacións, a canción urbana sufriría profundas mutacións.
Saleta e Alfonso





No hay comentarios:

Publicar un comentario