viernes, 25 de marzo de 2016

O sentido figurado: Ironías, comparacións, metáforas e lítotes.

Posto que no libro de Ámote Leo A que estamos lendo atopamos unha ironía, estivemos repasando as figuras retóricas e decimos poñer algúns exemplos. A ironía que nos fixo rir no libro foi "aquí debeuse hospedar algún fenicio cando arribaron ás costas ibéricas" (Pax. 56)








Comparación: Figura retórica de pensamento no que se comparan dous termos.
- Eres tan branca coma a neve.
- Tes os ollos coma o mar.

Metáforas: Figura retórica de significación. Substitúese un termo por outro co que garda similitude.
- As perlas da túa boca.
- O mar da túa cara.

Lítote: Figura retórica de pensamento que ten algunha semellanza coa ironía, porque tamén hai que entender algo diferente ao que se expresa en sentido literal.
- O meu profesor non é baixo, mide 1,90.
- Meu irmán non é pequeno. (Ten 35 anos)

 Ironía: Figura retórica de pensamento, ca cal expresamos o contrario do que queremos dicir.
- En Galiza case nunca se utiliza o paraugas.
- Gústanos facer tantos exercicios.
Álex

No hay comentarios:

Publicar un comentario