viernes, 25 de marzo de 2016

Xogos Olímpicos en Barcelona

                                                        Xogos Olímpicos en Barcelona

París sería un candidato "muy fuerte" para Juegos Olímpicos de 2024.

Os xogos de Barcelona foron en 1992 considerados no seu momento como os mellores da historia.
Barcelona acolleu os Xogos do Verán da XXV Olimpiada da época moderna, do 25 de jullo ao 9 de agosto de 1992.


Os Xogos de Barcelona convertéronse de feito na carta de presentación internacional da España democrática. O país transmitiu unha imaxe de dinamismo e modernidade que foi decisiva á hora de romper estereotipos e de presentar a España como un país europeo avanzado ante a sociedade internacional.

Tiveron que realizarse numerosos cambios para que fose elixida cidade olímpica. Moitos deses cambios contribuíron á mellora da cidade de Barcelona en todos os aspectos como, por exemplo, as infraestruturas ou as prazas hostaleiras. Eses cambios e melloras foron:
  1. A mellora e adecuación das infraestruturas do aeroporto de Barcelona, tamén coñecido como aeroporto do Prat. Mellorouse a terminal B e creáronse as terminais A e C.
  2. A Vila Olímpica situouse nun sector da cidade moi degradado, o que provocou a restauración de devandita zona. 
  3. Modernizáronse partes da cidade para satisfacer as necesidades do Comité Olímpico.
  4. Creáronse novos hoteis e reformáronse algúns dos que xa existían.
  5. Construíronse novas e modernas instalacións deportivas, como o Palau Sant Jordi e o Porto Olímpico.
  6. A cidade de Barcelona abriuse ao mar.
 Grazas aos xogos olímpicos de Barcelona a cidade incrementou o turismo e o comercio, así como a economía da cidade. Tamén influíu na forma de construcción de edificios, no estilo artístico dos cadros e esculturas.

Participaron 169 países, e 9364 atletas.Son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os deportes que participaron no xogos foron:

  • Atletismo
  • Bádminton
  • Béisbol
  • Baloncesto
  • Boxeo
  • Piragüismo
  • Ciclismo
  • Esgrima
  • Fútbol
  • Ximnasia
  • Halterofilia
  • Balonmán
  • Hípica
  • Hóquei sobre herba

  • Judo
  • Loita
  • Natación sincronizada
  • Natación
  • Péntatlon moderno
  • Waterpolo
  • Remo
  • Saltos de trampolín.
  • Tenis
  • Tenis de mesa
  • Tiro
  • Tiro con arco
  • Vela








  • Voleibol
Antía












No hay comentarios:

Publicar un comentario