domingo, 22 de mayo de 2016

Mariana Pineda

Mariana Pineda foi denunciada por ter bordado nunha bandeira a lenda «Lei, Liberdade, Igualdade» e acusada de pertencer a unha conspiración liberal. Ao negarse a delatar aos seus cómplices, Pedrosa membro da Chancillaría de Granada, conforme a lenda, estaba secretamente namorado dela e decretou o ingreso en prisión. En medio das protestas da poboación, foi xulgada e condenada a morte por garrote vil. A sentencia executouse no Campo do Triunfo de Granada, mentres a bandeira que bordara foi queimada. Mariana converteuse pronto en heroína e mártir da causa liberal, ata o punto de inspirar numerosas cancións. Federico García Lorca baseouse na súa historia e escribiu o texto dramático entre 1923 e 1925 e non se representou ata o ano 1927 co título de Mariana Pineda.

Hotel Mariana Pineda:
O hotel Mariana Pineda está situado na granadina Carrera do Darro, xunto a Praza Nova e fronte a  Alhambra, no barrio por excelencia con máis sabor e máis antigo de Granada: o Albaicín. Neste hotel foi onde naceu a nobre no século XIX.

O edificio conserva un patio central no que destaca unha fonte co escudo orixinal daquela época.

                                                                                                                    Alex e Alfonso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario