lunes, 30 de noviembre de 2015

A hora en Portugal e o fuso horario

Por que en Portugal é unha hora menos?



 O globo terráqueo está dividido en 24 meridianos cunha separación de 15 grados. En cada tramo rixe unha mesma hora. Portugal está entre os grados 7-10 ao oeste do meridiano, polo que lle corresponde ao “fuso horario” europeo que se aplicou dende 1972.




A que se debe o cambio de hora?



O costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán, empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974, tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.

 Esta medida non só se adapta en España, se non que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa,  América do Sur,  África, algunas zonas de Estados Unidos e Canadá. Xapón é o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

Non obstante, non todo o mundo está dacordo con este cambio de hora.  A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois, insiste na importancia de non efectuar este cambio para “estar en harmonía coa luz solar”.



Franco desfasou o horario español para sintonizar cos nazis.



España vai a contracorrente do resto do mundo nalgúns aspectos, como por exemplo, nos horarios das comidas.

Ao outro lado dos Pirineos, Europa come sobre a 13.00, e é raro cear despois das oito da tarde. Somos dos países europeos que máis tarde se deita e que menos tempo adica a durmir.

O retraso da hora de ir á cama, provoca que o tempo que os españois adican de media ao sono non chegue ás oito horas recomendadas.

 A causa deste desfase débese a que nos anos da dictadura de Franco, adiantouse sesenta minutos os reloxes para estar acorde con Alemaña.

Ata ese momento, os españois vivían acordes co horario do meridiano de Greenwich, e os reloxos marcaban unha hora menos, a que lle corresponde a España pola súa situación xeográfica.

O obxectivo de cambiar os horarios é facernos a vida máis fácil.

"Amanece muy pronto por aquí": mapa da desviación entre a hora solar e a oficial.

  


Blog Fronteras " Amanece muy pronto por aquí". Fuso horario.
A hora oficial ven marcada pola distancia ao meridiano de Greenwich, ainda que os gobernos de cada país teñen poder absoluto para facer oficial a hora que lles apeteza. Por esa razón, a maior parte do planeta encóntrase adiantado ou retrasado respecto a súa hora solar.
Unha das desviacións máis grandes, por non dicir a maior de todas, encóntrase en China. Toda ela comparte o mesmo fuso horario. Por decisión política do goberno, China únicamente ten establecida a hora oficial de Pekín.


"Ciudadanos" quere retrasar unha hora os reloxos de España.
 Albert Rivera, presidente de "Ciudadanos", quere que España retrase unha hora todos os reloxos e se coordine co meridiano de Greenwich.
En 2013, cando a Comisión de Igualdade no Congreso dos diputados propúxolle á Cámara que estudara a posibilidade de retrasar 60 minutos os reloxos,  o Goberno de Canarias protestou. Non quería perder o famoso "una hora menos en Canarias" nas radios.
Jenni e Antía

2 comentarios: