viernes, 20 de noviembre de 2015

Barrio do Chiado



 
O barrio chámase Chiado dende o ano 1567; nun principio este nome debíase á rúa principal de Lisboa, a xente dicía que era polo rango das rodas das carruaxes.
A finais do século XIX este barrio comezou a gañar importancia por ser o lugar de reunión entre poetas e escritores.
Algúns lugares de interese son:
  • Café a Brasileira, porque nunha das súas mesas na terraza hai unha escultura de bronce que representa a Fernando Pessoa, cliente durante anos dese local, onde escribía parte das súas obras
  • Miradoiro de San Pedro de Álcantara, dende alí disfrútase unha boa vista do Barrio do Chiado.  
No ano 1988 neste barrio houbo un incendio que se considerou como maior catástrofe despois do terremoto de Lisboa no ano 1755. Esta catástrofe destruíu 18 edificios, deixou 2 mortos e 73 feridos.

Imaxe obtida: www.alamy.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario