domingo, 15 de noviembre de 2015

Chegamos a Lisboa...

Estamos xa avanzando na lectura de Ámote Leo A e chegamos a Lisboa... Os alumnos terán que estudar o mapa físico de Portugal para localizar (e comentar) os principais accidentes do relevo de Lisboa; tamén estudarán as rúas da cidade e os principais barrios (Baixa, Alfama, Chiado, Bairro Alto, Castelo) deseñarán unha ruta que lles permita visitar os monumentos máis destacados e situar os pasos de Leo pola cidade. Ademáis investigarán sobre: 1)a lingua portuguesa, 2)o fuso horario portugués e a súa relación co español;  3) o fado 4) O terremoto de Lisboa  5) A poboación portuguesa (pirámide de poboación)...

Das descubertas das nosas pesquisas darémosvos conta aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario