martes, 7 de junio de 2016

Caracoles granadinos


Fuente: http://bit.ly/22LKYNj
Ingredientes:
  • 1 kg. de caracois
  • ½ kg de tomates
  • 1 cebola
  • pemento asado
  • 2 dentes de allo
  • 12 améndoas
  • tomeo
  • fiuncho
  • unha rebanada de pan fritido
  • 50 gr de piñóns
  • noz moscada
  • pirixel
  • menta
  • pementa negra
  • ½ guindilla
  • aceite de oliva e
  • sal.
Elaboración:
   Cócense os caracois poñéndoos en auga fría e a lume baixo para que vaian saíndo do caparazón. Cando estean todos fóra e a auga apunto de ferver, ponse a lume forte e cócense aproximadamente dez minutos.

Ponse unha cacerola sobre a lume con aceite, dous dentes de allo e unha cebola picada. Cando ambas cousas estean ben douradas, engádese  tomate picado e escorrido.

Bótanse os caracois escurridos, os pementos asados, un pouco de pirixel, menta, noz moscada e tomeo.
Cóbrese de auga e sazónase con sal e picante.

Tórranse as améndoas e piñóns e mestúranse coa pementa, o fiuncho e o pan fritido nun morteiro e os caracois e déixase cocer todo xunto uns 15 minutos.
                                                                                                                                                         
Hicham Khedar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario