viernes, 3 de junio de 2016

Tocino de Ceo

Ingredientes:
  • Para 4-6 persoas: 
  • Unha ducia de xemas de ovo.
  • 300 gr de azucre.
  • 1 vaso de auga.
  • Unha codia de limón. 
Elaboración:  
Quenta a auga co azucre e a codia de limón ata obter un xarope. Bota o xarope nun molde (pareces lisas) e déixao arrefriar. Pon as xemas nun vol e báteas lixeiramente. Engade o xarope sobrante do molde e remexe todo coa axuda dunha espátula. Pasa a mestura polo coador e bota no molde untando co xarope.
Coloca o molde na vaporera ata que calle. Tardará uns 20 minutos máis ou menos. Por último, deixa arrefriar, desmolda e serve.










Clara. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario