jueves, 2 de junio de 2016

Federico García Lorca

Federico García Lorca, escritor andaluz, dramaturgo, prosista español, membro da xeración do 27 e autor de Seis poemas galegos. Naceu en Fuente Vaqueros en 1898 e faleceu fusilado tras o golpe de estado que deu lugar a orixe da Guerra Civil española en Víznar no 1936. É o poeta de maior influencia e popularidade da literatura española do século XX.
Os seus libros de poesía máis famosos son: 
Romancero gitano: É unha obra poética publicada en 1928, está composta por dezaoito romances, e abarca temas coma a noite, a morte ou a paixón.
Poeta en Nueva York: É un poemario escrito entre 1929 e 1930  e publicado en 1940, catro anos despois da morte do escritor.
Poema de cante jondo: nel trata de ofrecer o espíritu de Andalucía, captando a súa cultura popular e primitiva.
Obras de teatro:
Bodas de sangre: É unha traxedia en prosa escrita en 1931. Estrenouse o 28 de marzo de 1933, no teatro Beatriz de Madrid. Foi levada ao cine en varias ocasións no 1938 por Edmundo Guibourg e, en 2015, Paula Ortiz filmou unha versión titulada La novia. É unha das tres obras de teatro que forman parte da "triloxía lorquiana", xunto con Yerma e La casa de Bernarda Alba.
Yerma: É unha traxedia de ambiente rural, dividida en tres actos de dous cadros cada un.
La casa de Bernarda Alba: Foi escrita en 1936. A obra conta a historia de Bernarda Alba, tras haber quedado viúva  por segunda vez aos 60 anos decide vivir os seguintes oito anos en loito.

                                                                                                                                   Álex e Alfonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario