jueves, 2 de junio de 2016

Lenda da Dama Branca de Castril

A casa de Castril construíuse sobre os cimentos dun palacio árabe polos Reis Católicos para recompensar o seu secretario Hernando Zafra.
Conta a lenda que Zafra vivía ca súa filla Elvira de 18 anos. Dicíase del que tiña moi mal humor e que estaba enfadado cos granadinos polo seu trato despectivo. Elvira namorouse de Alfonso de Quintanilla o fillo dunha familia inimiga a Zafra.
Elvira e Alfonso víanse algunhas noites no dormitorio dela, coa axuda dun paxe; unha desas noites, Alfonso foi pillado in fraganti por Zafra, pero deulle tempo a escapar. Zafra, ao ver a súa filla con Alfonso, comezou a sospeitar  e mandou colgar o criado no balcón esa mesma noite. Hernando Zafra mandou tapiar o balcón e escribir na parede a frase "Esperándola del cielo". Elvira foi encerrada no seu dormitorio e un día, sen poder soportalo máis acabou coa súa vida cun potente veleno.

Actualmente, é a sede do Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Granada e os seus traballadores din ver visto unha xove dama camiñando polo edificio. O museo encontrase ó lado do río Darro e o Paseo dos Tristes.
  • O río Darro transcorre por toda a provincia de Granada, o seu nome significa ouro.
  • O Paseo dos Tristes coñecese porque era o lugar por onde pasaban os cortexos fúnebres camiño do cemiterio, oficialmente o paseo chámase Paseo del Padre Manjón.
                                                                  Clara.
Paseo dos Tristes e río Darro


Casa Castril
                               

                                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario